ARTEFICIAL 2012

20 diciembre, 2011


Unicornibot

http://www.myspace.com/unicornibot
http://dotheunicornibot.bandcamp.com

Guadalupe Plata

http://www.myspace.com/guadalupeplata
http://guadalupeplata.bandcamp.com

festival de disfraces “PURGATORIO MUSICAL”

Sábado 25 de febreiro (sábado de piñata): “Festival de disfraces purgatorio musical”

Lugar: Pub Berlín
Hora: a partires das 23:00h ata que o corpo aguante.

Información: Disfrázate cos teus amigos dalgún artista ou grupo de artistas mortos e só por vir ao Pub Berlín participarás nun concurso cuxo premio será: unha entr…ada para o festival ARTEFICIAL 2012 e unha camiseta, para cada un! Hai dúas categorías: grupal e individual. Os premiados coñeceranse esa mesma noite. Pincharemos a música dos grupos/artistas presentes e haberá máis sorpresas para todos os asistentes.

Non te perdas este sábado de piñata desigual.

2º Concurso de bandas galegas ARTEFICIAL

BASES:

1.  O presente concurso levarase a cabo para posibilitar a grupos musicais non profesionais representar as súas propostas durante o “Festival Arteficial 2012”.
2.  A participación no concurso está aberta a tódol@s músicos tanto de forma individual coma colectiva.
3.  O ámbito delimitase á Comunidade Autónoma Galega e abrangue a participación de formacións de calquera estilo musical.
4.  Non poderán participar os grupos que formen parte dalgunha entidade que xestione os dereitos de autor (como a S.G.A.E.)
5.  Tódolos interesados deberán enviar unha maqueta en formato Cd cun mínimo de 3 temas e un máximo de 6 (onde alomenos o 80% deberán ser temas propios e tendo en conta que na actuación en directo deberán ser o 100%) axuntando ademais un vídeo dunha actuación en directo ou no local de ensaio. Todo isto enviado unicamente por correo postal á seguinte dirección:

Concello de Ribadavia (Oficina Municipal de Información Xuvenil)Rúa/ Praza Maior nº132400 Ribadavia (Ourense)

Para máis información sobre o concurso podedes facer as consultas pertinentes na dirección de correo electrónico festivalarteficial@hotmail.com ou consultar as webs do Festival:

http://www.festivalarteficial.org

https://www.facebook.com/arteficial

Xunto ao Cd debese cumprimentar a ficha de inscrición (incluída ao final do presente documento) coa información sobre o grupo: nome, compoñentes, teléfono de contacto, dirección de correo electrónico,…

6.  Os traballos poderanse presentar a partires do 19 de Decembro e ata o 31 de Marzo, como data límite.
7.  Un xurado encargarase de seleccionar de entre tódalas propostas recibidas os grupos que participarán no concurso.
8.  A selección das bandas premiadas comunicarase por teléfono ou vía e-mail.
9.  O concurso consistirá nunha final na que tocarán 4  bandas, como mínimo, das cales se seleccionarán os gañadores. O lugar onde se desenvolverán os concertos será na sala Club Artístico de Ribadavia. Os días e as horas  comunicaranse unha vez feita a preselección das maquetas. A actuación de cada grupo non durará máis de 50 minutos, aproximadamente.
10.  Os grupos deberán levar os seus instrumentos e amplificadores. A organización  encargarase de achegar o equipo de son adecuado ao recinto. Equipo dispoñible:

  • 3 Micros Sm 58.
  • 3 Micros Sm 57.
  • Micro AKG para bombo.
  • 4 KG12/2 cajas ABS autoamplificada 12”300W
  • Cableado Canon.
  • 6 pes de Micro máis un específico para bombo
  • Caixa de inxección.
  • 2 Makies SR 1522z 400w.
  • Mesa de mezcla YAMAHA MG 16.6CX

11.  Durante o concurso, o formato de selección dos gañadores realizarase de dous xeitos diferentes: mediante o voto popular do público asistente e por medio do criterio dos membros da Asociación Arteficial.
12.  Polo tanto, os premios serán os seguintes: Premio do Público Premio Arteficial Consistirán na participación na sexta edición do festival “Arteficial”  con data de 17 e 18 de Agosto de 2012. Terán unha compensación de 250 € máis gastos de aloxamento e dietas ata un tope máximo (a organización engadira algún outro premio se o considera necesario e en caso de que algún destes premios coincidan, terá a potestade de actuar no modo que crea máis oportuno).A organización non asume ningunha responsabilidade polos estragos que poidan xurdir.
13.  Os grupos deben ser responsables do seu material e de tódolos danos que ocasionen no interior da sala.
14.  A participación dos grupos dentro do concurso, supón a aceptación destas bases, a decisión das bandas premiadas e de todas as resolucións que a organización teña que tomar por causas alleas dentro da súa competencia.

Descarga das bases

Descarga da ficha de inscripción

FacebookTwitterGoogle+EmailCompartir

Un comentario en “ARTEFICIAL 2012

  • hola somos una asociacion gastronomica, nos gustaria participar a vs evento con un puesto de rica comida ; tambien podemos organizar catering para musicos y staff; nos encantaria ya que estamos por alli en estas fechas y vamos a otros festivales por vs magnifica tierra. espero vs respuesta gracias
    un saludo caluroso desde cadiz

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *