Actividades paralelas

9 abril, 2015

“ARTESOCIAL” : Iniciativa Xove do grupo informal “Artesocial” (financiado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia)

 

I COLCHONETA FILM FESTIVAL (CFF)

Unha nova iniciativa do grupo xuvenil ARTESOCIAL (a banda máis xuvenil de Arteficial) na que proxectamos pezas audiovisuais, documentais e curtas de ficción de temática social de toda Galicia. A proxección foi seguida dunha mesa redonda onde responsables relacionados coas proxeccións falaron do mundo audiovisual en Galicia e a temática social nesta área artística. O obxectivo desta actividade é fomentar un lecer comprometido e crítico a través da visualización de documentais e fomentar a participación creando ambientes de debate acerca de diferentes temáticas. O éxito da primeira edición e o bo sabor de boca que tivemos ao rematar a actividade impulsounos a continuar co CFF e propoñer unha segunda edición da que teredes máis novas proximamente.

CFF-2015_web

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GRAFFITI NAS AULAS

 O grupo xuvenil Artesocial está a realizar unha serie de grafitis en colaboración coa dirección do CPI Tomás de Lemos. Esta actividade está destinada a todo o alumnado deste instituto, así coma a todos aqueles que se queiran achegar durante a creación dos graffitis. Séguenos nas redes e entérate das creacións deste 2015.

EXPO DE FOTO FOTOFICIAL

Un ano máis en Arteficial non quixemos deixar de lado a arte da fotografía. Este ano buscamos chegar a un máximo público e para iso imos realizar unha exposición exterior de gran formato. Artistas do Ribeiro e arredores, moit@s deles integrantes da Asociación de Fotográfos do Ribeiro, son @s autor@s das imaxes que encherán de vida o noso festival e dicimos vida xa que a tématica elexida para este ano é a temática social, visións diferentes de persoas, lugares, feitos ou temas sociais que @s autor@s queren destacar en imaxes. A exposición poderase ver no recinto do festival, na Praza da Madalena e estará colocada o sábado 5 de setembro e uns cantos días máis, para engalanar o noso pobo como merece.

JAM SESSION A JAM ROCK ARTEFICIAL

Ten como obxecto dar a oportunidade aos músicos da comarca do Ribeiro de misturarse para despregar ao vivo temas propios ou versións de grupos máis reco- ñecidos para goce do público asistente e tamén para poñer en valor aos músicos da nosa terra. Arteficial sempre pretende incluír bandas locais no seu cartaz, máis cando isto non é posíbel a Jam é un perfecto evento para conseguires estes obxectivos.

OUTRAS ACTIVIDADES SEN FINANCIACIÓN PÚBLICA, AUTOXESTIONADAS E SOSTIBLES:

MERCADO DAS SEMENTES

MASCOTAS PERDIDAS DO RIBEIRO

Somos un grupo de voluntarios residentes en Ribadavia que xunto coa colaboración e donación dos veciños do Ribeiro, coidamos e buscamos adopción ós animais recollidos polo concello de Ribadavia. En resumo, cubrimos o papel que o concello e as diferentes administracións deberían cumprir e non fan. O noso punto forte para chegar ós veciños é a traves da nosa páxina na rede social facebook onde na actualidade somos máis de mil persoas (practicamente toda xente do Ribeiro). Esta páxina é unha ferramenta de axuda ós animais da zona do Ribeiro, tanto domésticos, salvaxes ou de granxa. Axudamos a particulares resolvéndolle dubidas, dando consellos, difundindo ós seus animais por si precisan atoparlle un fogar, se lles extraviaron ou si os atoparon na rúa. E sobre todo serve para difundir os animais recollidos polo concello. Mentres estes animais están nas dependencias do concello encargámonos da alimentación, hixiene, coidados veterinarios e paseos dos animais (dúas veces ó día) mentres difundimos o seu caso mediante as redes sociais, radio, cartaces e prensa, para atopar ao propietario do animal e en caso de abandono, atopar un adoptante. En ningún momento se meten nas dependencias do concello animais de particulares, animais recollidos por nós a título persoal, etc… só entran os animais recollidos polo GES. Todos os animais que foron dados en adopción dende a nosa chegada teñen un seguimento, entregáronse desparasitados interna e externamente, coa cartilla de vacinas ó día no caso dos cachorros, con medicación no caso de ter que seguir un tratamento, e moitos deles esterilizados, sen ningún tipo de compensación máis que o seu benestar. Tampouco se pide compensación monetaria para os cans que finalmente son recuperados polos seus donos, a pesar de recibir atención veterinaria, alimentación e desparasitación dende o momento que son recollidos. facebook.com/mascotasperdidasnoribeiro

IRMÁS CARTONÉ

Irmás Cartoné é unha pequena editora independente creada por Carlos Valdés e Celia Recarey, dous seres con máis de cadansúa década de experiencia mercenaria no sector editorial e adicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal. * Entendendo por clásicos todos aqueles textos que aquí ás irmás nos parezan dignos de seren considerados como tales aínda que os canons os teñan, nalgún caso, esquecido. www.irmascartone.com

EDITORIAL ELVIRA

Editorial independente adicada á poesía, ao libro de artista e á literatura en xeral. A pedra angular do proceso de traballo é a relación entre autores e o equipo da editora traballando de forma conxunta para que a obra final respete e se corresponda coa idea orixinal. Conferimos vida propia a cada publicación mediante edicións traballadas de forma minuciosa e independente, poñendo especial coidado no deseño e a maquetación e desenvolvendo nos mesmos o proceso editorial íntegro, sen a intervención de terceiros. Paralelamente nace o Espacio Elvira, rincón concebido non só para a comercialización das nosas publicacións, se non que tamén como centro de divulgación e intercambio cultural. Proxeccións, coloquios ou, simplemente, a lectura e a charla acompañadas por un café teñen cabida neste espazo. www.editorialelvira.es

JULIA HUETE E OSCAR RAÑA

Óscar Raña e Julia Huete, graduados en Belas Artes, traballan xuntos dende fai casi dous anos. Publican o fanzine Drama Sureño, unha pequena publicación a toda cor. Traballan mesturando a súa afición polo tebeo e as artes plásticas máis diversas e están en contacto co mundo da autoedición e deseño musicais. www.huetix.tumblr.com www.oscaranha.tumblr.com

SANTIAGO PAREDES

Nado en Tui en 1989, graduouse no 2011 na Facultade de Belas Artes de Pontevedra e terminou os seus estudos de Máster en Libro Ilustrado neste mesmo ano. Fortemente influenciado pola música punk, o cómic underground, a natureza e a historia da humanidade, centra o seu traballo como artista gráfico freelance en cartaces e portadas para bandas musicais, prensa e particulares. Ademáis participa de maneira habitual en fanzines como Firecream, Fanzinematones ou El Cosmonauta Tropical. Kakalake é o seu propio fanzine autoeditado no que recopila parte do seu traballo en diferentes medios. Durante 2013 comenzou a traballar coa galería de arte Combustión Espontánea coa que realizou varias exposicións coma: Rock & Animal, Wild Mansion ou Playdino e ten participado en feiras como Room Art Fair ou exposicións coletivas como Rock Around the Design. En 2014 o seu traballo foi reseñado na primeira recopilación de ilustradores galegos Ilustradots: 50 ilustradores gallegos actuales publicado pola revista Dot. Actualmente atópase rematando o seu primero cómic de longa duración. Nesta mostra no ARTEFICIAL, poderanse atopar fanzines, camisolas, prints, chapas… é dicir, artefactos gráficos variados para aturdir ás masas. www.santiagoparedes.net

FOSFATINA

Editora independente sita en Vigo orientada á vertente menos comercial do mundo gráfico, en todas as súas expresións, pero abertos a todo tipo de proxectos, de calquera índole, que nos poidan facer tilín. En setembro do 2013 comezamos a reunirnos con Andrés Magán para estudar a posibilidade de sacar un cómic con Editorial Elvira, editoria coa que colaboramos. A medida que o proceso avanzaba a idea de xerar unha plataforma que aglutinara a todos esos autores que admiramos foi collendo máis forza. O proxecto tal e como se desenvolve actualmente naceu en febreiro do 2014. En agosto do ano pasado iniciamos a nosa andaina co lanzamento de “Griza Zono” de Andrés Magán durante o festival No Tengo Mamá, de Seara Records. Posteriormente editamos INFRALUMINOSA / LAMINADA de Berto Fojo e Andrés Magán e pouco despois PERLAS DEL INFIERNO de Begoña García-Alén. O trimestre pasado lanzamos a nosa colección bimensual Fosfatina 2000 con Extrasolar de Roberto Massó e presentamos “Havarti Party” de Roberta Vázquez.

MEDUSA BISUTERÍA

Medusa nace da necesidade de ordear a cabeciña e manter a serenidade. En principio foi un pasatempo que co tempo, o boca a boca e a “crise” converteuse nun modo divertido de axudar á economía. A inspiración dos pendentes xurdiu ollando uns agasallos da miña avoa feitos de xeito irregular. O meu gusto polas pedras semipreciosas e polo cristal fixo o resto. Ningunha peza é igual á outra e todas están feitas con todo o coidado para que cores e formas deixen un fermoso acabado. As nosas últimas edicións son “El Matatenias” de Pepa Prieto Puy dentro de Fosfatina 2000 e “El Jardín Devastado / Los Incapcaces” de Julia Huete e Óscar Raña, dentro da colección SPLIT. www.fosfatinaediciones.tumblr.com www.fosfatina.tictail.com

VALIS ATTITUDE

Conxunto artístico formado por Abelo Valis e Mars Valis, ambolos dous de orixe galega. Os seus proxectos de diferente índole, abarcan eidos coma a fotografía, o video, a instalación e a música. Entre os seus temas máis habituais caberían destacar a difusión do ego na rede, sempre tratado dende o amorodio, xa que os dous son uns profundos amantes de si mesmos. Outro dos seus temas recurrentes é a creación do mundo onírico que lles rodea, dende calquera dos seus ámbitos, empregando escenarios ou diferentes atrezzos crean este espazo recargado de cores ou completamente obsoleto para transmitir mensaxes subconscentes. facebook.com/valisattitude

FLOR & NATA

A marca Flor & Nara foi creada no 2013 por dous mozos santiagueses, Mar Suárez e Brais Albor. A idea desta marca alternativa e só de venda on-line é a reutilización dos texidos e deseños de calidade antigos para crear algo actual que sexa único e cun coste moi reducido. Destaca polo emprego de marcas coñecidas como Levis’s, Moschino, Burberry, etc. O tratamento da roupa realízase por eles mesmos, así coma o deseño gráfico e as fotografías, isto fai que sexa máis familiar e orixinario da súa terra. Empregar o vintage para crear algo novo, este é o seu lema. Están a prol das vellas modistas que realizaban pezas de deseño nas súas casas e a baixo prezo, acabar co mercado serializado e apostar polo deseño exclusivo, as pezas están cosidas a man e cada unha delas é única. facebook.com/FloryNataShop

ORO NEGRO

Oro Negro nace no 2013 en Santiago de Compostela, unha particular tenda vintage na que os productos están seleccionados a man, un a un, con procedencias de diferentes países como U.S.A ou Francia, contan con prendas para todolas idades e gustos, se queres vestir orixinal e con roupa de primeira calidade, é a túa tenda. Facendo aínda máis particular esta tenda, contan con roupa de novos deseñadores e marcas novedosas a parte da súa propia marca “Oro Negro”. No último ano, esta tenda foi recoñecida en diferentes medios e proclamada unha das mellores tendas vintage en Galicia, así como ben coñecida no mundo vintage a nivel español. Se queredes visitar a tenda podedes atopala na rúa Alfredo Brañas nº21 Santiago ou seguilos na súa páxina de facebook: facebook.com/OroNegroVintage

CRISTIAN FOJÓN CARUNCHO

Autor de banda deseñada. Nacín en Vidueiros, unha aldea das montañas do Orteghal e no 2010 saquei o primeiro num. do meu fanzine Historias de Regho Torto. Pódese dicir que Regho Torto é a típica aldeíña galega, pero poboada de personaxes non tan típicas (dende bandas organizadas de porcos bravos ladróns de patacas a cowboys algo perdididiños). Regho Torto bebe do rock Bravú, do seu esprito rebelde e da súa forza e estima da cultura propia, sen complexos. Bebe tamén do cine de Tarantino e desa estética violenta, ou de Peckinpah e o western crepuscular, comparando a fin do salvaxe oeste co cambio de vida ,cara un camiño incerto, nunha terra tamén brava como é o rural de GZ. Bebe de Ásterix e desa unión dun pobo pra se defender dos invasores ou da tolemia colectiva de Dr.Slump. E bebe tamén (por qué non?) de Heidi e do amor polo rural e a naturaza. Todo envolto co ton enxebre das fotografías galegas de Ruth M. Anderson. Pois iso, Regho Torto é unha mestura, a aldea galega na que Heidi se atopa con Peckinpah. Dentro deste fanzine levo autoeditado Os Marcos (2010), Construcción en Rego Torto (2010), Salustio en Norteamé- rica (2011), O home que liberou a fraga (2011), Salustio e a “Festa Nacional” (2012), O asubío das fouces (2013), Por un saco de patacas (2014) e O voo da vacaloura (2015)

SANTI ZUBIZARRETA

Ilustrador e musico de Vigo. Debuxante de comics e autor de Cara de Parvo, Mcfly la mosca alcohica, etc. Participa en fanzines como Kovra, Que Suerte!, funda xunto a Andrés Magán e Begoña Garcia Alén o fanzine Firecream…ou o seu novo fanzine individual “Weirz” impreso en Medalariso, Fattbottom Barcelona. Forma parte do colectivo SearaRecords facendo deseños para portadas de discos e cartaces dos eventos e co seu grupo “Los Locos Hongos” e o seu novo proxecto en solitario Anti S. Vende láminas, merchandising coma camisetas cos seus deseños, bolsos de tela, pegatas e máis.

CESTOLA NA CACHOLA Cestola na Cachola é unha cooperativa galega que nace en 2013 combinando proxectos ligados á pintura e á economía social e solidaria, como resposta a unha necesidade común de autoemprego e as gañas de desenvolver proxectos innovadores en eidos aparentemente dispares. Somos 3 persoas socias-traballadoras con experiencia nos eidos da pintura, a ilustración, o muralismo, a educación para o desenvolvemento e o asesoramento cooperativo; como iniciativa de autoemprego colectivo, utilizamos a nosa empresa como ferramenta para pensar de xeito democrático, colaborativo e transparente.

 

FacebookTwitterGoogle+EmailCompartir

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *