IV Concurso de grupos galegos ARTEFICIAL

2 enero, 2014

concurso-bandas-ganador

Colectivo Bomba foi o gañador da IV edición do Concurso de Grupos Galegos de Arteficial na que participaron máis de 30 grupos, de moi diferentes estilos, pero todos de gran calidade.

Dende os comezos do concurso, a Asociación ARTEFICIAL está tendo a posibilidade de ver como evolucionan os grupos galegos: como melloran en calidade de grabacións, como se moven nas redes sociais… Nesta maravillosa terra existen moi bos artistas e estamos encantados de ofrecerlles un escenario no cal tocar.

Este ano decidimos cambiar o formato do concurso e facelo online. Somos conscientes de que, onde mellor se coñece a un grupo é no directo, pero quixemos experimentar esta nova modalidade.

Colectivo Bomba son de Arxevide (Sarria, Lugo) e comezaron a súa andadura fai apenas un ano. En tan só ise tempo xa compartiron escenario con grupos como “Ultraqans” ou “Itaca Band”. A principios deste ano, rexistraron o seu primeiro traballo discográfico nos “Estudios Clandestinos” de Pontevedra. Para este ano, espéralles unha gran xira presentando o seu disco “YEAH”. Prometen festa, bo roio e alegría.

 

FacebookTwitterGoogle+EmailCompartir

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *