ARTEFICIAL 2014

12 diciembre, 2013

 

A comezos de 2014 a Asociación Arteficial decide embarcarse nun novo e potente proxecto no que unir Arte e Viño.
Queríamos crear un produto que servise ao artista como plataforma publicitaria e engadise un valor novo aos viños do Ribeiro. Desta forma gaña o artista, gana e produtor e conseguimos unha nova simbiose. Gaña o Ribeiro.
Con Graffiti e Viño tamén queríamos promover o noso festival e dar a coñecer a nosa bisbarra. Un proxecto moi ambicioso que nos colocou no Culturgal do 2014. 
Grazas a todos os que confiastes en nós.

Compra aquí tus tickets
ticketea

 

 

actuaciones

DEF con DOS sound system DOS tenores DEF

Para festexar o 25 aniversario do “Primer Asalto” (Demo 1989) de Def Con Dos, Peón Kurtz, J. Al Ándalus e Strawberry estrean un novo formato co que repasar os temas máis antigos de DEF que non teñen cabida no repertorio eléctrico actual da banda, así como outros da súa faceta máis hiphopera que non puideron ser interpretados no seus shows en vivo ata a data. Co novo formato “Def Con Dos sound system Dos Tenores Def” recuperan a esencia máis característica dos seus primeiros asaltos, presentando novas mesturas de temas míticos dos seus comezos que nunca viron a ocasión de estrear nun escenario ata o de agora.
No lanzamento dixital da regravación do seu mítico primeiro hit “Quiero la cabeza de Alfredo García” na súa versión 2014, abre a porta a un futuro LP de revisións actualizadas deses clásicos DEF, colados por un novo enfoque musical, para finais deste ano. Enfocado á xente máis fan da banda que sempre reclamou poder ouvir estes temas ao vivo, con esta formación, sóbese por fin ao escenario o perfil máis old school desta mítica
banda.

HAVALINA

Havalina é un deses grupos capaces de facerte sentir a onda expansiva dunha bomba de 12 megatóns, un cruce emocional de dúas vías anchas con ventos laterais de 180 km/h. Un déses grupos cociñados a lume lento, disco a disco acumulando fans e deixando vía libre para que o boca a boca faga efecto.
O trío madrileño formado por Manuel Cabezalí (guitarra, voz), Jaime Olmedo (baixo) e Javier Couceiro (batería). Comezaron a súa andadura no 2001 como cuarteto e baixo o nome de «Havalina Blu» publicaron 3 LPs, «Uncoloured Songs», «From Bed to Bed» e «A Woman or Two». No 2007, e tras múltiples mutacións internas, a formación consolidase como un trío, e deciden acurtar o seu nome a «Havalina» e escribir letras en castelán. Baixo este nome, a banda publicou 4 LPs ata hoxe.
O seu directo é demoledor, pel en carne viva, unha apisoadora de guitarras manexadas coa mestría de Manuel Cabezalí, quizáis o mellor guitarrista da súa xeración, un aquelarre invocando os deuses Thurston Moore e Josh Homme. Non hai dúbida de que se unen a festa.

DISCO LAS PALMERAS

Fieis ao exposto no seu debut, “Nihil Obstat”, (Matapadre, 11), Disco Las Palmeras! volven a erguer en “Ultra” ese muro de guitarras distorsionadas característico do seu son, sen que elo impida paladear a intensidade das melodías presentes en boa parte destas doce novas cancións compostas por Diego Castro, voz, guitarra e cabeza visible do trío ao que se lle incorporan José Castro e Julián L. Goicoa, tamén compoñente de Jay, para modelar unha atronadora base rítmica sobre a que flutúan capas e máis capas de efectos procesados polos pedais de guitarra.

Entre as sorpresas que nos depara o novo traballo destacan, ademais da portada realizada por Rubén Domínguez, as harmonías vocais de Marta González e Antía Figueiras (Wild Bambina) en “Algo mal” e a vocación de “hits” que destilan “Absenta” e “Qué rueden las cabezas”, tres exemplos onde o trío se mostra decidido a abrir a súa proposta mantendo o ruído por
bandeira.

FUCKAINE

Despois de participar en varios concurso e festivais, Fuckaine deron forma ao seu álbum no que destaca a enerxía. Detrás está o tándem formado por Tábata Pardo (baixo, sintetizadores e voz) e Fran Meneses (guitarra e voz), ao que en vivo únese un vello coñecido coma Jota Armijos (Sex Museum, Comando 9mm) á batería.
En “Totally Contagious” soan cunha solidez e un músculo fora do común para tratarse dun proxecto que leva moi pouco tempo en marcha: fai algo máis dun ano. Non se trata só de actitude, Fuckaine saben escribir “hits” e non perden nin un ápice de forza ao longo dos doce temas que forman este disco que, ademais de ter pegada, soa vertixinoso.
A súa música funciona dende a raíz pero gaña moitos enteiros cos detalles finais, xogos de voces, efectos cos que os moldean e, sobre todo, pinceladas electrónicas e sintetizadores.

CUZO

O trío barcelonés, formado por Pantaleón (guitarras, teclados), Pep Caravante (batería) e Fermín Manchado (baixo), é un auténtico viaxe no tempo, unha bacanal setenteira na que o grupo contaxia a súa paixón por referentes musicais bastante máis diversos do que asemellan a primeira vista. Unha descrición superficial da súa música reduciríase a incursións en terreos instrumentais que formulan unha refrescante revisión do hard rock progresivo e psicodélico dos 70, pero iso sería quedarse moi curtos porque os membros de Cuzo comeron setas que medraron nos máis inhóspitos paraxes. No 2013 editaron o seu cuarto e último longa duración ata a data , ”Són imaginacions Teves” (Bcore), onde as influencias árabes van máis aló, coa introdución de novos instrumentos como o “Satz”(guitarra turca), electrificando o seu son e dando un ar máis místico aos temas con maior protagonismo dos sintetizadores.

CUELLO

Cuello é o proxecto que levaba dando voltas dende fai tempo a cabeza de José Guerrero e cuxo principal punto de partida é a música sinxela, directa e melódica. Se con Betunizer segue a explorar os submundos da rítmica, a fereza e a intensidade; en Cuello José procura algo diferente baseado nas bandas con garra guitarreira, pero cunha esencia ultra melódica.

Escribindo cancións na casa, uniuse co batería Oscar Mezquita (un melómano especialista nas músicas máis extremas, que toca en bandas de hardcore punk),e co guitarrista Ubaldo Fambuena (tamén membro noutros grupos). En definitiva, unha banda formada por músicos afastados do pop, axustando a súas mans e cerebros a una versión máis melódica. Afincados en Valencia, forman parte desa efervescente escena que, dende fai uns anos non deixan de ofrecer novos proxectos.

SURVEILLANCE

Surveillance é una sección rítmica rica en esteroides. As composicións están baseadas no son do baixo e da batería, máis non deixan de extrapolar por universos sonoros paralelos, cheos de poder e psicodelia. Aquí non hai barreiras entre o rock progresivo ao estilo clásico e mallas groovadas avant-garden.
Os Surveillance están aquí para facervos mover e para botar abaixo a idea preconcibida do que un baixo e unha batería poden chegar a facer.
A banda lanzou o seu EP homónimo en Setembro de 2012 e dende aí lanzaron xa un split-single de 7″ cos madrileños Microcause, incorrendo tamén en varios tours por Portugal e España actuando en festivais coma o Super Bock Super Rock. O primeiro longa duración da banda conta coa produción de Makoto Yagyu e Fábio Jevelim do grupo PAUS e poden espera-lo no inicio do próximo Outono.


CRÓ!

Cró! é o grito de guerra que a banda emprega para definirse a si mesmos. Non é só unha mestura de sentimentos de jazz, clásica ou rock, é tamén unha comunicación entre música e vídeo en tempo real. A música flúe dun xeito doado entre os catro músicos e o vídeo arte creando novos espazos e texturas no contexto do rock. Os concertos de Cró! son un auténtico espectáculo de música e imaxe. Os 4 músicos interrelacionanse co vídeo artista en tempo real. Isto quere dicir que as proxeccións non son aleatorias nin estritas co tempo, senón que os clips de vídeo son axustados e manipulados durante o concerto de forma natural e musical.

Tralos seus dous traballos de estudo e un disco dixital recompilación de improvisacións en directo e non tanto. No recente ano acaban de lanzar o seu novo ábum “Pera”.



UPPERCUT

A cuestión é: pum pum e todo dentro do posíbel. Pero chove moito e non hai xente, amigo, e os cans están nerviosos. Primeiro morden e algúns póñense en pé. Afógala un pouquiño. Pum pum pum nena. Asustados, atacan en vertical.

Dende o 2008 están nerviosos. Uppercut. Uppercut. Soberbio. Váiselles. Relaxante .Móvese ao son do teu pum pum pum Melvins ás veces, un pouquichiño. Llongueras peitéaos e Arguiñano enriquéceos pero chove moito e non hai vestixio do rabo. Asustados, atacan en gallardo. Adopta un tío de grandes mans. Gústame o pum pum pum. Móvese ao son do teu vestixio de rabo. Morden e algún póñense soberbios. Golpes dende abaixo. Véselles a luz amigo. Tócao alto. Pum pum pum pum. A cuestión é: pum pum e luz amigo. Pum xente, amigo, e os cans…

 

CONCURSO DE GRUPOS GALEGOS ARTEFICIAL

concurso-bandas-ganador

O gañador do IV Concurso de Grupos Galegos ARTEFICIAL foi COLECTIVO BOMBA. Entra aquí para coñecer máis deste grupo.

FacebookTwitterGoogle+EmailCompartir

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *