ARTEFICIAL 2016

16 octubre, 2015

cartaz_redes_pueblo[1]

CARTAZ_rrss


A asociación Arteficial presenta o “X aniversario” do seu Festival en diferentes localizacións Galegas. Nesta primeira presentación na sala El Pueblo da cidade de Ourense ás 22h., contará coas actuacións da banda francesa Brain Pyramid e a banda catalana Cuzo.


O X Arteficial contará neste décimo aniversario con varias actividades ao longo de todo ano e as confirmacións das primeiras bandas iranse desvelando a través das redes sociais nas próximas semanas co #ArteficialX.


O X Festival Arteficial repetirá o seu formato de festival alternativo diurno e levarase a cabo o sábado día 3 de Setembro de 2016 desde as 12 ata as 23 horas, noconxunto histórico de Ribadavia en dous escenarios diferenciados, polos que pasarán 8 bandas e nos que ademais haberá unha zona de mercado alternativo e gastronomía.

As próximas presentacións do festival faranse en Ribadavia no mes de xuño e en Vigo no mes de xullo.

CUZO
O power trio barcelonés Cuzo, con cinco discos editados, é unha viaxe ao tempo co seu rock instrumental e a psicodelia como compañeiros nunha inmersión ao rock setenteiro e ás melodías eléctricas. Cuzo contaxia a súa paixón por uns referentes musicais bastante máis diversos do que podería parecer a primeira vista. Unha descrición superficial da súa música reduciríaos a hard rock psicodélico, pero iso sería quedar moi curtos porque os membros de Cuzo comeron cogomelos que creceron nos máis insospeitados verxeis.
O trio formado por Jaime Pantaleón (guitarras, teclados), Fermín Manchado (baixo) e Pep Carabante (batería) a través dos seus discos e os seus directos realiza verdadeiras viaxes musicais que nos masaxean os sentidos e fainos saír voando cara ao sol.
https://vimeo.com/102467166
https://bcoredisc.bandcamp.com/album/son-imaginacions-teves

BRAIN PYRAMID
Brain Pyramid formouse en novembro de 2012, en Rennes (Bretaña-Francia). Esta é a iniciativa do guitarrista real «Gastón Lainé» e o batería «Baptiste Gautier-Lorenzo».
Influenciados non só polo rock and roll de idade doce (Led Zeppelin, Hendrix, Sabbath, Motörhead, Blue Cheer, etc.) senón tamén, polo stoner rock e pola psicodelia da escena actual (Kyuss, Sleep, Nebula, Earthless, Orange Goblin, etc.), decidiron crear unha banda para tocar como estes mestres. Despois do lanzamento do seu primeiro EP «Magic Carpet Ride», o ex baixista deixou o seu lugar a «Ronan Grall», o líder da banda francesa de Doom «Huata». A banda grava o seu primeiro LP chamado «Chasma Hideout» e libérano no Acid Cosmonaut Records. Despois da xira europea de 2014, a banda procede a outro cambio de formación, para recibir a un novo baixista: «Paul Arends».
Brain Pyramid é unha banda de Heavy Bluesy Stoner Psicodeliad rock and roll. Tocan o suficientemente alto como para que te sentas como un sopro dunha dose de LSD.
http://brainpyramid.bandcamp.com/

 

FacebookTwitterGoogle+EmailCompartir